www.cigtelefonica.com
Sección Sindical A Coruña
 
BENVIDOS Á SECCIÓN SINDICAL da CIG
en TELEFÓNICA A CORUÑA
       
 
 
 
 
 
 
 
 
A Coruña
29-07-2014
Resolucións do Comité de A Coruña
  Modificación Sustancial Condiciones de Trabajo Adaptación
de turnos TMK.
  Atento: Afectados polo ERE.
  Citroën: Readmisión de despedidos.

Convocatoria de Folga
23-06-2014
Ante a folga de 1 hora do 25 de xuño convocada pola CIG, a Sección Sindical CIG Telefónica A Coruña debe manifestar o seguinte:

A folga está convocada por acordo da Executiva CIG Telefónica.
Esta sección provincial ten comunicado á Executiva e a Federación a súa oposición a estes paros. De maneira fidedigna, a Organización sabe que a inmensa maioría da afiliación da CIG na Coruña e a maioría a nivel galego non está de acordo con estas convocatorias e desconvocatorias.
Habendo motivos máis que suficientes para mobilizarse, debe ser a afiliación a que decida como facelo.
Tendo en conta o anterior os delegados da sección sindical da CIG na Coruña informan a todo o persoal:
• Que non apoian nin participarán neste paro.
• Que lamentamos esta situación e as molestias que vos poida ocasionar.
• Que entre Organización e afiliación, nós estamos coa afiliación.
• Que consideran que a convocatoria foi feita sen lexitimidade e mantela é, cando menos, desacertado.

Conflicto
20-06-2014 Sobre os traballos acompañados en OdR  
A falla de persoal en OdR, ao igual que en moitos outros departamentos, está provocando situacións onde se está a poñer en perigo a seguridade e a saúde dos traballadores, levamos tempo dicíndoo, primeiro coa imposición das dispoñibilidades e agora coa intención da empresa de que se traballe de noite en solitario.

Negociación Colectiva
18-06-2014 Preparando o terreo para negociar  
A empresa e os seus socios sindicais semella que están a preparar o terreo para negociar unha vez máis no verán e de costas aos traballadores e traballadoras. Para aprobar a “prórroga” deste ano 2014 ensaiaron un novo método: negociar fóra do prazo que establecía o propio convenio, tiveron que modificar o convenio para tratar de darlle validez.

A Coruña
10-06-2014 Apoio Comité ASC Zaragoza  
 
Resolución do Comité de Empresa (A Coruña)
No Pleno do Comité do pasado venres 6 de xuño tratouse o tema dunha sanción da empresa contra dous ASC de Zaragoza, o Comité da Coruña aprobou por unanimidade a proposta de resolución que anexamos neste correo.
Posteriormente soubemos que a sanción da empresa é o DESPEDIMENTO. Unha vez máis a empresa escolle dúas vítimas para impoñer o medo a toda a plantilla, o mesmo que pasou cos despedimentos por estar enfermos ou os que se produciron durante a negociación do convenio do 2008.
Ante estas agresións da empresa, os traballadores e traballadoras temos que dar unha resposta clara e contundente. Non podemos deixar que a empresa actúe impunemente e o único camiño é a resposta colectiva do conxunto de traballadores e traballadoras.

A Coruña
30-05-2014 Comisión de Xestión : Auditorías, Comercial e dispoñibilidades OdR  
Informe da Comisión onde se trataron as Dispoñibilidades OdR, Departamento de auditorías a contratas, Comercial e Cambios de Acoplamento.

17 de Maio
   
A plataforma cidadá Queremos Galego convoca mobilizacións para o sábado 17 de maio de 2014 ás 12 horas en 8 localidades.
A Coruña: A carón do Teatro Rosalia de Castro (confluencia das rúas Real e Rego de Auga)
Santiago: Porta Faxeira
Ferrol: Praza de Armas
Foz: Praza do Conde de Fontao
Lugo: Xardíns de San Roque (diante da estatua de Xoán Montes)
Ourense: Alameda – Xardíns Bispo Cesáreo (diante da estatua de Eduardo Blanco Amor)
Pontevedra: Praza da Peregrina
Vigo: Manifestación con saída de Vía Norte
Un paso adiante e outro ADIANTE, Galiza.
Defendamos o noso idioma

A Coruña
09-05-2014 Pleno 36: Dispoñibilidades OdR, actividades delineantes e galego  
Informe do Pleno 36, celebrado o 5 de maio de 2014, onde se trataron os seguintes temas: Comercial Hércules, dispoñibilidades en OdR, actividades dos delineantes, galego e festas locais.

A Coruña
21-04-2014 Situación en Comercial e dispoñibilidades en OdR  
Informe da Comisión de Xestión en A Coruña onde se tratou as dispoñibilidades de Operacións de Rede e a situación de Comercial Hércules.

1º de Maio
   
 
 
A central sindical aposta, para “facerlle fronte á Unión Europea” pola “organización, loita e soberanía”

A Coruña
21-04-2014 Dispoñibilidades de OdR e situación de Comercial Hércules  
Informe sobre o Pleno de Comité de A Coruña on de se tratou as dispoñibilidades de Operacións de Rede e a situación de Comercial Hércules.

A Coruña
7-04-2014 Asembleas de Comité en Comercial Hércules  
O xoves 3 de abril celebráronse asembleas de Comité en Hércules motivadas polo empeoramento das condicións laborais no centro de traballo. Hai unhas semanas o director de Canal Telefónico veu poñer a guinda nunha xuntanza que tivo con todo o persoal do centro na que botou man das ameazas, o trato denigrante e a falla de respecto co persoal para meterlle o medo no corpo aos traballadores e traballadoras.

A Coruña
31-03-2014 Dispoñibilidades, 4 abusos e unha mención especial  
Na xunta tratáronse diversos aspectos das condicións nas que se realiza o traballo en OdR (Operacións de Rede) desde a implantación das dispoñibilidades, enfrontándose as distintas visións que mantemos a CIG e a empresa sobre o particular. Non se trataba nesta ocasión de cuestionar o Acordo das dispoñibilidades, que por suposto cuestionamos, senón de denunciar as consecuencias que está provocando a súa aplicación.

A Coruña
17-03-2014 O Director de Canal Telefónico Norte incendia Comercial  
Informe do Pleno de Comité onde se aborda a reunión do persoal de Comercial co Director do Canal Telefónico.

Negociación Colectiva
05-02-2014  
Na negociación do convenio colectivo 2008-2010 a empresa pretendeu impoñer un modelo de clasificación profesional baseado en grupos laborais, foi a mobilización o que impediu que iso se asinase. Ese modelo de grupos laborais ven recollido no acordo interconfederal sobre negociación colectiva do ano 1997, asinado por CCOO, UGT, CEOE e CEPYME.

Negociación Colectiva
28-02-2014  
O acordo sobre dispoñibilidades asinado o 4 de setembro de 2013, que empeora o anterior do 2004, facilita aínda máis a destrución de emprego na Telefónica e deteriora as nosas condicións de traballo ao poñer o noso tempo a disposición da empresa.

A Coruña
21-02-2014  
O Comité de empresa da Coruña quere mostrar o seu apoio e solidariedade cos dous sindicalistas (Serafín Rodríguez e Carlos Rivas, delegados de CIG e UGT) aos que se lles impuxo tres anos de cárcere por participar na folga do transporte do 2008.

A Coruña
07-02-2014  
Informe do Pleno do Comité Nº 33 de A Coruña onde, unha vez máis, se rexeitou a proposta da CIG para a celebración de Asembleas de Comité.

Negociación Colectiva
04-02-2014  
Hai un acordo entre a empresa e os seus socios sindicais polo que xa sabemos o que vai pasar na mesa de Negociación Permanente, onde non se negociará nada a pesares do seu nome, pero debe levarse alí para darlle o visto e prace necesario para darlle carácter legal.
MÉRCORES 5 DE FEBREIRO PARO DE 1 HORA
Os paros de 1 hora serán do seguinte xeito:
- Nas quendas de mañá, a última hora da súa xornada.
- Nas quendas de tarde, a primeira hora da súa xornada.
- Nas quendas de noite, a última hora da súa xornada.
- Nas quendas partidas, a última hora da xornada de mañá.
- Para @s traballador@es de xornada reducida será a parte proporcional da súa xornada.

A Coruña
27-01-2014  
O pasado 15 de xaneiro a empresa comunicoulle ao Comité a reestruturación de 3 traballadores cara Portabilidade e agora incorpora outros dous máis. O motivo, segundo nos din, é a internalización de actividade e a reasignación de recursos dentro da propia dirección para concentrar e asumir novas actividades.

Negociación Colectiva
27-01-2014 UNIDOS CONTRA OS RECORTES
E POLA CREACION DE EMPREGO
 
Ante as graves agresións contra os nosos dereitos que os e as traballadoras de Telefónica estamos a sufrir, os sindicatos AST, CIG, CGT, co.bas, EC, ESK, ELA, LAB queremos enviarlle ao persoal cunha soa voz o noso rexeitamento ás negociacións que os sindicatos UGT, CCOO e STC levaron e están a levar a cabo coa empresa nas Mesas de Negociación Permanente, tanto polo propio método de negociación como polo seu contido, e o noso compromiso en buscar os espazos de unidade necesarios para facer fronte a esta situación.

Paros
21-01-2014 Desconvocado o paro do mércores 22  
Dende a CIG temos convocados paros de 1 hora para rexeitar unha negociación permanente que se está a facer de costas aos traballadores e traballadoras. Hai unhas semanas enviamos preaviso de folga para os días 15, 22 e 29 de xaneiro, mobilización que se convoca nesas datas en función das reunións que se están a manter nas distintas mesas negociadoras.
A CIG rexeita esta maneira de negociar, sen a participación nin a consulta dos traballadores e traballadoras sobre cuestións que afectan ás nosas condicións laborais. Non tendo coñecemento de que haxa reunións nestes días, a CIG acorda desconvocar o paro do vindeiro mércores 22 de xaneiro.
Infórmate, reflexiona, actúa... Mobilízate!

Informe pleno do Comité
20-01-2014 O Comité volve vetar a participación dos traballadores na negociación  
A proposta de realizar asembleas contou cos votos favorables de CIG, AST e CGT pero a abstención de CCOO e UGT impediu de novo a realización das asembleas. Pasa outro mes e o Comité volve negar a participación dos traballadores e traballadoras.

Información
31-12-2013 Calendarios laborais 2014  
    CIG Galiza 2014
    DOG - Galiza 2014
    DOG - Locais 2014

Convocatoria de Folga
13-12-2013
 
Unha folga que está convocada contra a perda de dereitos laborais, salariais e sociais; pola anulación da prórroga do convenio, polo peche das Comisións e Grupos de Traballo onde se tratan as perdas de dereitos, contra a externalización de actividade, contra a destrución de emprego na Telefónica, contra a represión laboral e sindical...
SOBRAN OS MOTIVOS PARA MOBILIZARSE !!!

Os paros de 1 hora serán do seguinte xeito:

- Nas quendas de mañá, a última hora da súa xornada.

- Nas quendas de tarde, a primeira hora da súa xornada.

- Nas quendas de noite, a última hora da súa xornada.

- Nas quendas partidas, a última hora da xornada de mañá.

- Para @s traballador@es de xornada reducida será a parte proporcional da súa xornada. .


Negociación Colectiva
11-12-2013 Tragando a Desclasificación Profesional ???  
Temos por diante unhas datas nas que boa parte do persoal estará de vacacións e como adoita acontecer nos últimos tempos, a empresa e os sindicatos socios aproveitarán este tempo para recortarnos dereitos laborais, pola porta de atrás, ás nosas costas e nunha época na que poidan ter pouca contestación dos traballadores e traballadoras.

Convocatoria de Folga
03-12-2013
 
Facemos de novo un chamamento a secundar a folga, pedímosvos que reflexionedes sobre a situación que estamos a vivir, que vos paredes a pensar se a solución pasa por non facer nada. Haberá quen opine que estas folgas non serven, podemos discutir esta cuestión pero temos que facelo dende o convencemento de que é necesario actuar, podemos buscar e acordar diferentes modelos de loita obreira pero o que non podemos é quedarnos parados mentres imos perdendo dereitos e condicións de vida.
SOBRAN OS MOTIVOS PARA MOBILIZARSE !!!

Os paros de 1 hora serán do seguinte xeito:

- Nas quendas de mañá, a última hora da súa xornada.

- Nas quendas de tarde, a primeira hora da súa xornada.

- Nas quendas de noite, a última hora da súa xornada.

- Nas quendas partidas, a última hora da xornada de mañá.

- Para @s traballador@es de xornada reducida será a parte proporcional da súa xornada. .

Descarga: CARTAZ 4D

Convocatoria de Folga
26-11-2013
 
Continuamos a mobilización iniciada co paro do 20 de novembro e volvemos chamar a todas e todos a participar no paro do vindeiro mércores 27. Esta folga está convocada contra a perda de dereitos laborais, salariais e sociais; pola anulación da prórroga do convenio, polo peche das Comisións e Grupos de Traballo onde se tratan as perdas de dereitos, contra a externalización de actividade, contra a destrución de emprego na Telefónica, contra a represión laboral e sindical...
SOBRAN OS MOTIVOS PARA MOBILIZARSE !!!

Os paros de 1 hora serán do seguinte xeito:

- Nas quendas de mañá, a última hora da súa xornada.

- Nas quendas de tarde, a primeira hora da súa xornada.

- Nas quendas de noite, a última hora da súa xornada.

- Nas quendas partidas, a última hora da xornada de mañá.

- Para @s traballador@es de xornada reducida será a parte proporcional da súa xornada. .

Descarga: CARTAZ 27N

Negociación Colectiva
26-11-2013 MENTIRAS E DISPOÑIBILIDADES  
O 4 de setembro a empresa e os sindicatos socios asinaron un acordo sobre dispoñibilidades que empeora aínda máis o anterior acordo do CC 2003/2005. Asinaron un retroceso moi importante nas nosas condicións laborais e salariais. Sábeno ben os traballadores de O+M que xa o están padecendo.

Convocatoria de Folga
20-11-2013
 
A CIG ten convocado un paro de 1 hora para o vindeiro mércores 20 de novembro. Unha folga que está convocada contra a perda de dereitos laborais, salariais e sociais; pola anulación da prórroga do convenio, polo peche das Comisións e Grupos de Traballo onde se tratan as perdas de dereitos, contra a externalización de actividade, contra a destrución de emprego na Telefónica, contra a represión laboral e sindical...
SOBRAN OS MOTIVOS PARA MOBILIZARSE !!!

Os paros de 1 hora serán do seguinte xeito:

- Nas quendas de mañá, a última hora da súa xornada.

- Nas quendas de tarde, a primeira hora da súa xornada.

- Nas quendas de noite, a última hora da súa xornada.

- Nas quendas partidas, a última hora da xornada de mañá.

- Para @s traballador@es de xornada reducida será a parte proporcional da súa xornada. .



novas anteriores >>
 
 
Sección Sindical A Coruña en Telefónica de España S.A.U.
 Confederación Intersindical Galega
Subir