O día 29/10/03 celebrouse unha reunión entre o xerente, Sr. Dueñas, e representantes sindicais convocada para tratar o tema do absentismo laboral ( INCAPACIDADE TEMPORAL OU BAIXA POR ENFERMIDADE) e a súa posible solución.
Ó noso entender hai dous tipos de baixas claramente provocadas polo clima laboral e hixiénico do centro de traballo de Hércules:
¨ BAIXAS POR STRESS,ANSIEDADE...que dexeneran en moitos casos en depresión.
¨ BAIXAS POR AFONÍAS,INFECCIÓNS LARÍNXEAS, DE CORDAS VOCAIS.Debidas ao aire acondicionado e a falta de limpeza adecuada dos seus filtros , a falta de ventilación deste centro e ao esforzo da voz propio do posto de traballo
NO CASO DO STRESS, sen dúbida se podería reducir drasticamente con deixar traballar á xente como persoas en vez de tratalas como nenos unhas veces e outras como seres deshumanizados dos que só importa o nº de chamadas,os obxectivos, o tempo de pausa, o tempo administrativo, etc.
Ante a nosa sorpresa, por parte do xerente se entende que HAI TEMAS SOBRE OS QUE UN A.S.C. NON PODE OPINAR, como o tema do estándar de atención, PORQUE SIMPLEMENTE SON DE OBRIGADO CUMPRIMENTO, ou as labores do coordinador, que, segundo el, tampouco é tema da nosa incumbencia.
Ademais deixou caer que hai UNHA LISTA DE MARXINAIS, A.S.C. que sistematicamente non conseguen obxectivos , nin as 50 chamadas, ou que non seguen o patrón establecido polo estándar e que por se fora pouco ATRÉVENSE A CUESTIONAR O ESTÁNDAR (feito por unha mente superior, tanto xerárquica como intelectual).
DENDE A CIG PEDIMOS AOS ASC:
¨ SER CRÍTICOS en todos os temas que nos incumben,que é moi san para a mente.
¨ SER PROACTIVOS tamén en defender os dereitos, e EN TOMAR AS PAUSAS,que son necesarias para a nosa saúde laboral.
¨ SER CONSECUENTES coas críticas, informar dos problemas e incumprimentos, e apoiar e fomentar a mobilización como medio para mellorar a situación laboral.
AO XERENTE, Que cumpra co que prometido na xunta:
¨ ACOPLAMIENTO TEMPORAL PARA OS COMPAÑEIROS QUE SE INCORPORAN DE BAIXAS PROLONGADAS, sobre todo nos casos de stress, ansiedade etc.
¨ Que fale cos coordinadores para que haxa un cambio real de actitude ,sobre todo de algúns.
¨ Que o cambio de quendas que vai haber, pola reducción dun grupo, non afecte ó turno de nadal/fin de ano , xa que no acordo anterior se fixo un cambio para evitar que este ano estivesen de tarde os mesmos grupos de sempre.
|