Hoxe celebrouse un pleno extraordinario para evaluar a proposta da empresa. Este acordo está condicionado á desconvocatoria da folga, polo que os sindicatos reunironse en comité para votar.
O pleno iniciouse cun turno de palabras:
UGT. A sua postura é favorable á desconvocatoria considerando positivos os acordos coa empresa.
CIG. Detectados cambios no ambiente laboral a partires da convocatoria de folga, tendo en conta que a xerencia comprometeuse verbalmente en que o número de chamadas non sexa un elemento de presión, estamos a favor da desconvocatoria ainda que mantemos a desconfianza a que as situacións se volvan a repetir polo que convocariamos unha nova folga de non cumprirse os acordos. (Haberá reunións mensuais coa xerencia de seguimento do acordo).
CCOO. Manten a sua postura inicial, anterior á convocatoria de folga (votaron en contra), pero coincide en que de non resolverse os problemas ou en caso de incumprimento do acordo iniciarán medidas de presión.
A continuación realizase unha votación coa proposta de desconvocatoria da folga:
A Favor : 9 (CIG, UGT, STC, CGT)
Abstencións : 7 (CCOO)
En Contra: 0
Co resultado favorable á desconvocatoria, os representates dos sindicatos desplazaranse a Hércules para firmar o acordo coa empresa que recolle as milloras laborais para comercial.
Nota: o Presidente do comité informa que o comité de Barcelona se solidariza coas accións iniciadas en A Coruña e invita a este comité a coordinarse ante a deixación do Comité Intercentros.
|