O Comité de Empresa da Coruña na reunión ordinaria celebrada o 27 de novembro acordou convocar para o próximo día 15 de decembro un paro de xornada completa no CALL CENTER de Hércules.
A CIG plantexou esta iniciativa ó resto das forzas sindicais do Comité e despóis de alcanzar o consenso coa maior parte produciuse a votación co seguinte resultado.
-12 votos a favor: (UGT, CIG, UTS, CGT e STC)
-8 votos en contra: (CC.OO.)
A motivación da convocatoria é combater as penosas condicións de traballo dese centro e que teñen como consecuencia numerosos casos de estrés, ansiedade, depresión… en definitiva un moi deficiente ambiente laboral con repercusións graves na saúde das traballadoras e traballadores.
Motivacións parecidas foron as que tamén provocaron convocatorias de paro xa realizadas de maneira exitosa nos Centros de Comercial de Bilbao, Zaragoza e Barcelona.
A proposta finalmente aprobada contén os obxectivos a conseguir e que son os seguintes:
-Eliminación das Presións continuadas as que se ven sometidos os traballadores e traballadoras deste departamento, que impiden traballar dignamente e que son causa de múltiples baixas por estres, ansiedade, depresión etc.
- Disfrute efectivo e flexible das pausas, necesarias para a saúde dos traballadores.
-Tempo administrativo necesario para atender correctamente os clientes.
-Permanencia das gardas dos sábados pola tarde, xa que a supresión significa unha externalización da actividade.
-Supresión das escoitas indiscriminadas a que se ven sometidos os traballadores tanto pola empresa IZO SYSTEM como polos Coordinadores, que non son formativas senón coactivas.
- Solucións as reiteradas denuncias no Comité de Seguridade e Saúde sobre a petición de baixas por estres, ansiedade depresión ( Actas Seguridade e Saúde nº 291 de 21-06-02, nº297 de 27-01-03, nº302 de 24-07-03 e nº304 de 18-09-03) non tendo tomado a empresa medidas correctivas.
-Adecuación das quendas e os horarios de traballo que permitan conciliar a vida laboral coa persoal e familiar. |