Benvidos á Sección Sindical da CIG en Telefónica


Actualizado: 20/01/2005

ACTUALIDADE
Galiza
CARPETAS
Comercial
SECCIÓNS

 





Atam

Atrás

MAIS RODILLO CC.OO. - UGT

29 de agosto de 2003


O resultado das eleccións sindicais son a base para a formación na Xunta Xeral de ATAM no que corresponde a representación dos socios, este órgano está composto de 25 membros designados pola dirección de Telefónica e de 30 membros máis como representación social. De estes 30, 6 corresponden a representantes das outras empresas do Grupo e 24 a Telefonica de España SAU. Dacordo coas últimas eleccións sindicais, en base o número de delegados, a representación é do seguinte xeito:

7 CC.OO.  /   7 UGT  /  3 CGT  /  2 UTS   /  2 AST  /  2 STC  /  1 CIG.

A Xunta Xeral debe, así mesmo, formar o Consello Rector que é realmente o órgano de goberno de ATAM, de este xeito dos 9 membros que o forman, 5 son designados pola empresa e 4 noméaos a representación social de entre os seus 30 membros da Xunta Xeral. Para tal motivo celebrouse en Madrid unha reunión o Mércores 4 de Xuño, cando o resto dos sindicatos chegamos á sala da reunión o tándem CC.OO.–UGT xa nos esperaban, aínda ben non sentamos e presentan a súa candidatura (2 CC.OO. e 2 UGT) para que de seguido se pase a votar, case non dou tempo á presentación dunha candidatura alternativa. Por suposto 14 votos a favor da primeira e 7 a favor da segunda. Todo en menos de 10 minutos.

O Tándem xa pretendía dar por rematada a sesión e mesmo se molestaron porque os demais pedimos que houbese un debate de porque non se podía facer unha candidatura máis plural, tendo en conta que monopolizan o 100% do Consello Rector con menos do 25% do apoio dos 66.234 socios. Pedíamos tamén que se estudasen fórmulas para que socios que non votan nas eleccións sindicais (prexubilados, xubilados etc) pero que seguen aportando a súa cota puideran elixir os seus representantes.  Empregando o mesmo argumento que Fraga na Xunta, curiosa coincidencia, alegaron que o pobo xa falara e segundo eles déronlles un cheque en branco para o que lles viñer en gana. Mentras poidan esmagar ó resto dos sindicatos non van a negociar nada  e boicotean todos os órganos que poden para tratar directamente coa empresa, así entenden estes señores o sindicalismo.

A xeito de protesta o resto dos sindicatos fixemos entrega dunha queixa por este proceso na reunión do 6 de Xuño na Xunta Xeral, protesta que expoñeremos nos taboleiros dos centros de traballo para que todas e todos a poidamos coñecer.

NON QUEDES CALADO: OPINA E PARTICIPA





 
   
 Confederación Intersindical Galega
   

Subir