Na asemblea do Comité cos
traballadores de Profesionais da Coruña do xoves 23 votouse desconvocar
a folga, que tiña convocada o Comité de empresa. Só
houbo 3 votos a favor de continuar a folga e 4 abstencións, posteriormente
produciuse unha reunión da empresa co Comité de folga no que
estaba un representante da CIG e na que se asinou un acordo de desconvocatoria.
Este acordo, no que foi incluído por esixencia da CIG o terceiro punto
que non figuraba no documento inicial que presentou a empresa, acompañase
como anexo deste comunicado.
VALORACION.
Tendo en conta a problemática que existe nos Centros de Profesionais,
que non estaba toda recollida nas reivindicacións do Comité
de Empresa de A Coruña, nin queda toda solucionada co acordo, e tendo
en conta ademais a situación conflictiva que se vive coas convocatorias
de folga de ámbito estatal, desde a CIG non podemos facer unha valoración
do acordo asinado máis alá dun pequeno alivio temporal
para os compañeiros e compañeiras afectado/as deste centro.
E o pequeno avance que podía supoñer este acordo, vese gravemente
desvirtuado polos expedientes abertos ós membros dos Comités
de Folga, concretamente en Coruña a un técnico e a unha ASC,
pois queda claramente en entredito o compromiso da empresa por adoptar
medidas que melloren o clima laboral.
Queremos mostrar a nosa solidariedade cos compañeiros expedientados,
actuación empresarial que consideramos inxustificada desde un punto
de vista legal e que entendemos que ten como único obxectivo amedrentar
ós traballadores para que non secunden os paros convocados. A empresa
intenta evitar que os traballadores poidan chegar máis alá
de onde xa chegaron e como mostra temos os anónimos que lles deixaron
nas mesas ós traballadores e traballadoras no Centro da Coruña
con motivo do paro do día 28.