O luns, día 13 de xuño,
houbo Permanente do Comité de Empresa na que se abordou de novo a
situación en Profesionais. Parece evidente que nas asambleas que realizaron
cos seus afiliados algúns sindicatos non conseguiron convencer a todos
de que non eran precisas as mobilizacións.
A CIG, pola súa parte, convencidos de que a decisión debe estar
nos traballadores, de novo, e apesares da negativa do Comité do día
3, volvemos a plantexar a necesidade de que se convocasen asambleas do Comité
co obxecto de que fosen os compañeiros/as os/as que tomasen a decisión
de qué accións levar adiante. Esta proposta aceptouse por todos
e as asambleas realizaranse na semana do 20 ó 24, previsiblemente
o día 21, as mesmas horas que na vez pasada
CC.OO. propuxo que se realizara na Coruña un paro de unha hora desde
o día 27 de xuño ó 1 de xullo, proposta que tamén
foi aceptada por todos. Para a CIG, sempre condicionada ó que decidan
os/as traballadores/as de Profesionais da Coruña.
A situación coñecida a data de hoxe é que as Asambleas
de afectados de Madrid e Barcelona teñen decidido realizar un paro
indefinido dunha hora semanal que comenzará o próximo martes
día 21 de xuño das 12:30 a 13:30. Que esta acción está
respaldada por duas convocatorias distintas, unha de CGT e outra de AST,
Co.bas e En Costrucció, que coinciden en obxectivos, modelo e horarios.
O Comité de Barcelona súmase a esta convocatoria e renuncia
a unha propia porque non queren que exista un Comité de folga local
para así evitar negociar localmente. No ámbito estatal vai
haber por tanto dous Comités de folga. Esto a nós non nos parece
ben, pois se se poñen dacordo para coincidir en todo deberían
facelo tamén para realizar só unha convocatoria.
Coa convocatoria da Coruña dun paro dunha hora cada día da
semana do 27/6 ó 1/7 complicanse un pouco máis as cousas, pero
a CIG que defende o funcionamento dos Comités de Empresa e a celebración
de asambleas de Comité aceptóu esta proposta para ter tamén
unha opción de movilización na Coruña convocada polo
Comité e comunicada á empresa e á autoridade laboral
en plazo (10 días de antelación). En todo caso deben ser os
traballadores afectados os que decidan, porque se non viran ben esta convocatoria
local, pois desconvocase e non pasa nada.
Ós que fan a convocatoria estatal ven no seu modelo as ventaxas seguintes:
►Son os Comités de folga os que deciden, en base
ós acordos das asambleas de afectados/as, desconvocar a folga, chegar
a acordos coa empresa, etc.
►Evitan, se os traballadores/as afectados/as así
o deciden, que se firmen acordos entre a empresa e o Comité Intercentros
ou entre a empresa e algún sindicato, pois de decidir continuar a
folga eses acordos non terían sentido e á empresa non lle valerían
para nada.
Contamosvos todo esto porque nas asambleas do Comité, non vai ser
posible debido ó tempo do que se dispón para realizalas (15
minutos *) e podería servos útil para tomar decisións
con coñecemento de causa. O que sí consideramos importante
é a vosa participación e que exista votación sobre as
decisións a tomar, polo que debedes ser vos mesmos os que esixades
que se realicen votacións porque así é como queda clara
a posición dos traballadores/as de Profesionais de A Coruña.
* Curiosamente para as
Seccións Sindicais negociaron e acordaron coa empresa en Convenio
30 minutos. Esto indica o interés que teñen en que existan
asambleas de Comité.