Ante os expedentes abertos ós/as compañeiros/as que formaban parte dos Comités de Folga de PNP e de O+M, este Comité de Empresa expresa o seu rexeitamento á actuación da Empresa que entendemos é desproporcionada, buscando impedir o dereito de folga na defensa das reivindicacións dos traballadores/as.
O dereito de folga é un dereito fundamental dos traballadores e non podemos asumir que as empresas o convirtan en papel mollado declarando unha convocatoria ilegal, si non o foi por instancia xudicial ou laboral competente.
É por eso que esiximos dos responsables da Empresa que retiren os expedentes que teñen abertos os compañeiros e compañeiras.
A Coruña, 19 de xullo de 2005 . |