Benvidos á Sección Sindical da CIG en Telefónica


Actualizado: 22/04/2005

ACTUALIDADE
Galiza
CARPETAS
Comercial
SECCIÓNS

 





Comunicados

Atrás
Comunicado á Comisión de Negociación Permanente, ao C.I. e a RR.HH.

21-04-2005












Os sindicatos CCOO, UGT e a Empresa, os mesmos que compoñen a Xestora FONDITEL, decidiron suprimir as eleccións á Comisión de Control do Plan de Pensións e optaron por autonomearse os tres, membros permanentes da devandita Comisión de Control. Esta antidemocrática decisión supón un golpe ao Plan de Pensións de Telefónica, negándonos a todos os que pertencemos ao devandito Plan (Activos, Prexubilados, Xubilados e Beneficiarios) a posibilidade de elixirmos os nosos representantes e permite, ademais, que se poida dar o caso de que quen controle os nosos aforros nin sequera sexa da Empresa.

Por todo o anterior, os abaixo asinantes exiximos:

 A retirada dos acordos da maioría do C.I. coa Empresa de suprimir as eleccións á Comisión de Control.

 A convocatoria inmediata de Eleccións á Comisión de Control, porque:

 As Eleccións son un dereito fundamental ao cal non podemos renunciar.

 Non se pode privar a ninguén do seu dereito de representación máis básica (ser elector e elixíbel).

 Non podemos permitir que os mesmos que xestionan o diñeiro, eliminen as Eleccións á Comisión de Control do Plan de Pensións.

O texto que precede foi avalado por máis de 13.000 sinaturas até o día de hoxe, das que os seus depositarios somos as organizacións que o subscribimos. Reiteramos a exixencia de celebración de Eleccións á Comisión de Control e a revogación da designación antidemocrática realizada pola maioría (CCOO e UGT) do Comité Intercentros.
Por iso, exiximos igualmente á Comisión de Negociación Permanente que non avale o atropelo que supón calquera modificación do Regulamento do Plan de Pensións.


Madrid, 12 de abril de 2005


 
   
 Confederación Intersindical Galega
   

Subir