A Confederación
Intersindical Galega en Telefónica considera de máxima gravidade
que a Dirección de Telefónica decidira primeiro expedentar,
e despóis facer efectivo, o despido de 10 membros dos Comités
de Folgas dos GMO e de PNP.
Pensamos que esta actuación da Empresa supón un ataque inxustificado
e intolerable ó dereito fundamental de folga e ó de liberdade
sindical.
Pensamos que ante esta situación o C.I. debería esixir da
empresa de maneira urxente a retirada dos despidos e dos expedentes abertos
e caso de negarse ésta, poñerse á fronte das mobilizacións
do cadro de persoal para conseguir ese obxectivo irrenunciable.
Nesta situación ningún Comité nin representante dos
traballadores debería negociar nada coa empresa mentras non se consiga
que se retiren os despidos.
Así mesmo queremos facer un chamamento a todo o cadro de persoal
para que participen nas mobilizacións que se convoquen con este obxectivo.
Santiago, setembro de 2005
Coordinadora Nacional de CIG Telefónica.
|